Ir o contido principal

O trofeo de Pedestrismo contará cunha participación de case 500 atletas

FacebookTwitterShare
O trofeo de Pedestrismo contará cunha participación de case 500 atletas

Case 500 de atletas participarán no XLIV Trofeo Concello de Cangas de Pedestrismo – Memorial Pepe Cordeiro, que terá lugar o vindeiro domingo, día 3 de decembro. En total, son 461 deportistas distribuídos en diversas categorías: minibenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil/junior, sénior e veteranos.

O pasado martes 28 de novembro foi o día no que rematou o prazo de recollida de inscricións. Este ano, 173 atletas competirán na carreira absoluta. Dos mesmos, pódese destacar a participación de deportistas de renome como Víctor Riobó, Gustavo Caballero, Beatriz Fernández e os gañadores da derradeira proba ‘Vigo + 11’: o portugués Nuno Costa e Esther Navarrete.

Desde a Concellaría de Ensino e Deportes, que dirixe Xoán C. Chillón Iglesias, quérese resaltar a magnitude e importancia desta proba, posto que xa alcanza a súa 44ª edición; así como a figura de Pepe Cordeiro, un dos principais precursores desta competición e que desde fai uns anos lle da o nome a este evento.

Convén lembrar que o domingo, as carreiras de menores comezarán a partir das 10:00 horas, mentres que a absoluta iniciarase a partir das 12:00 horas.