Nova edición do Cross Escolar Ceip A Rúa

O próximo domingo, día 18 de marzo, terá lugar unha nova edición do Cross Escolar CEIP A Rúa. Trátase dun evento que está organizado pola Anpa do citado cento escolar e que conta coa colaboración do Club Atletismo Vila de Cangas e a Concellaría de Deportes.
O lugar no que se desenvolverá esta proba deportiva será nos arredoras da escola, sendo o inicio ás 10:30 horas da mañá e o remate ás 13:00 horas. Prevese unha participación de máis de 300 atletas achegados desde diferentes localidades e centros educativos da Comarca do Morrazo.
Para unha información máis detallada: anpa.arua@gmail.com
- Log in to post comments