Máis de 200 persoas participarán na Marcha Popular Ciclista San Andrés do Hío
Este mércores, día 6 de decembro, terá lugar unha nova edición da Marcha Ciclista de Hío, un evento que está organizado pola ANPA de Hío e que conta coa colaboración do Club Ciclista de Cangas e a Concellaría de Deportes.
O evento desenvolverase polas estradas de Hío en horario de 10:00 a 12:30 horas. Prevese que participen máis de 200 ciclistas achegados desde diferentes localidades e centros escolares da comarca do Morrazo.
A participación é totalmente libre e farase unha recollida de alimentos non perecedoiros para Cáritas.
- Log in to post comments



