IX Torneo Benxamín- Prebenxamín de Fútbol 8 Alondras C.F.

Este martes, día 11 de abril, tivo lugar a presentación do IX Torneo Prebenxamín-Benxamín de Fútbol 8, o primeiro dos dous torneos a nivel base que organiza o Alondras C.F.
O acto acudiron Marcos Torres (Técnico-Deportes do Concello de Cangas), Jesús Fernández (Coordinador do Alondras C.F.) e José Luis Priego (Directivo do Alondras C.F.).
O evento terá lugar o vindeiro sábado, día 15 de abril, no Campo de Fútbol do Morrazo, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 19:30 horas, e nel enfrontaranse un total de 16 equipos nas categorías Benxamín e Prebenxamín, xuntándose preto de 200 participantes. Trátase dun torneo federado, con árbitros da propia federación.
Cada partido terá unha duración de 25 minutos, con dous tempos de 12 minutos cada un, xogando paralelamente as dúas categorías e garantindo 3 partidos por equipo. A primeira semifinal será ás 17:45 horas e a segunda ás 18:20 horas, sendo a hora da final ás 19:00 horas.
O obxectivo claro deste evento é pasar unha estupenda xornada festiva e facer desfrutar a toda a familia. A entrada ten un custe de 2 € (donativo).
- Log in to post comments