II Regata Liga Provincial de Piragüismo

Este sábado, día 13 de xullo, terá lugar na Ría de Aldán a II REGATA LIGA PROVINCIAL DE PIRAGÜISMO. O evento trascorrerá en horario de 12.00/14.30 h, e nel participarán preto de 300 piragüistas, achegados dende diferentes puntos da xeografía pontevedresa.
Na proba competirán deportistas en categoría ALEVÍN / BENXAMÍN / PREBENXAMÍN
A competición está organizada polo CLUB MAR RÍA DE ALDÁN e conta coa colaboración da CONCELLARÍA DE DEPORTES do Concello de Cangas.
- Log in to post comments