I Campus Trinat Experience

Entre os días 28-29-30 de abril e o 1-2 de maio terá lugar no concello o I Campus Trinat Experience de triatlón modalidade cross dirixido a persoas maiores de 16 anos amantes do deporte. Trátase dunha proposta diferenciadora, posto que os participantes terán a oportunidade de coñecer e adestrar con deportistas como Óscar Pereiro, Solange Pereira, Brais Canosa ou Jorge Pena.
Todos os circuítos están minuciosamente deseñados para poder gozar ao máximo da incrible natureza de Cangas. Exemplo disto son a travesía a nado polas praias de Barra, Nerga e Viñó; a ruta BTT xunto a Óscar Piñeiro, ou o triatlón desde Aldán ata Cabo Home.
Para máis información: www.clubtrinat.com
- Log in to post comments