Ir o contido principal

Felicitacións a Rodrigo Germade

FacebookTwitterShare
 Felicitacións a Rodrigo Germade

A Concellaría de Deportes e tódolos seus membros, en nome e representación do Concello de Cangas, desexan expresarlle os seus máis sinceros parabéns ao piragüista cangués Rodrigo Germade (Club Piragüismo Ría de
Betanzos), pola consecución dos seguintes resultados:

- MEDALLA DE OURO / K2 - 500 m

- MEDALLA DE OURO / K4 - 500 m

Éxitos obtidos durante a celebración da Copa do Mundo de Piragüismo, que tivo lugar neste días na cidade de Szeged (Hungría). Dende aquí, ademais desta felicitación puntual ao deportista e ao seu club, quérese transmitir os mellores desexos de futuro e que cheguen moitas máis alegrías coma a que motiva a presente felicitación.