Ir o contido principal

Felicitacións a David Barreiro

FacebookTwitterShare
Felicitacións a David Barreiro

O piragüista cangués David Barreiro, do Real Club Náutico Rodeira, conseguiu a Medalla de Ouro C1-5.000 metros (Sub-20) e a Medalla de Bronce C1-5.000 metros (Sub-23) durante a celebración do Campionato de España de Inverno de Piragüismo, que se desenvolveu durante estes días na cidade andaluza de Sevilla. 

Ante estes éxitos, a Concellaría de Deporte e tódolos seus membros, en nome e representación do Concello de Cangas, desexan expresarlle os seus máis sinceros parabéns. 

Ademais, tamén se quere transmitir os mellores desexos de futuro para que cheguen moitas máis alegrías como as que motivan a presente felicitación.