Felicitación a Solange Pereira e a Alberto Fernández

A Concellaría de Deportes, en nome e representación do Concello de Cangas, desexan expresarlle os seus máis sinceros parabéns á:
- Atleta canguesa Solange Pereira (Valencia Soports) pola consecución da Medalla de Prata no Campionato de España de Atletismo de Pista Cuberta (1500 metros) que se desenvolveu na cidade de Valencia.
- O palista cangués Alberto Fernández (Club Cinania T.M) por gañar a Medalla de Prata no Campionato de España de Tenis de Mesa (Discapacidade) que tivo lugar en Valladolid.
Ademais desta felicitación, quérense transmitir os mellores desexos de futuro e que cheguen máis alegrías como as que motivan a presente felicitación.
- Log in to post comments