Ir o contido principal

Felicitación ao Alondras

FacebookTwitterShare
Felicitación ao Alondras

A Concellaría de Deportes e tódolos seus membros, en nome e representación do Concello de Cangas, desexan expresarlle os seus máis sinceros parabéns ao Alondras C.F. pola súa clasificación para participar na fase de ascenso a 2ª División “B” da Liga de Fútbol Nacional.


Dende aquí, ademais desta felicitación puntual aos deportistas e ao seu club, deséxase transmitir os mellores desexos de futuro e que cheguen moitas máis alegrías coma a que motiva a presente felicitación.