Educación física na rúa

En convocatoria do Consello Xeral de Colexios Profesionais da Educación Física e Deporte, mañá mércores, día 25 de abril de 2018, profesorado e alumnado de Educación Física sairán ás prazas e rúas dos seus concellos para amosar a importancia desta modalidade para o desenvolvemento integral e integrado en todas as idades, concienciación sobre as consecuencias negativas do sedentarismo, difusión da actividade física saudable, etc.. En realidade trátase de visibilizar, nunha xornada diante da poboación e opinión pública, a posta en valor da actividade física e desenvolver a propia actividade académica formativa nas rúas e prazas.
En xuntanza celebrada o pasado mércores, día 11 abril, o Colectivo de Profesorado de Educación Física de Cangas acordou sumarse a esta iniciativa.
Transládase aquí o Avance do Proxecto de Visibilización da Educación Física na Rúa dos distintos Centros de Cangas que colaboran nesta iniciativa e que se suman de momento á mesma.
HORARIO |
LUGAR |
CENTRO EDUCATIVO |
MODALIDADE DEPORTIVA |
10- 13 horas |
Paseo Alameda Nova |
IES Rodeira |
Badminton / Voleibol |
10-13 horas |
Xardín XFSoage |
Ceip San Roque |
Baile |
10-13 horas |
Alameda Nova |
IES María Soliño - TAFAD |
Orientación |
10-13 horas |
Aparcamento Alameda Nova |
Cpr Casa de la Virgen |
Floorbol |
10-13 horas |
Pista Deportiva Alameda Nova |
Cpr Compañía de María |
Hóckey / Xogos tradicionais |
10-13 horas |
Alameda Nova |
Ceip Castrillón |
Xogos tradicionais |
- Log in to post comments