Ir o contido principal

Cross Popular Castrillón

FacebookTwitterShare
 Cross Popular Castrillón

O vindeiro domingo, día 29 de abril, desenvolverase unha nova edición do Cross Popular Castrillón, evento organizado pola Anpa Fornobedo e que conta coa colaboración do Club Atletismo Vila de Cangas, o Club Atletismo Morrazo e a Concellaría de Deporte de Cangs. 

A competición, que terá lugar nos arredores do Ceip Castrillón de Coiro, transcorrerá en horario de 10:30 a 13:00 horas, e nela prevese a participación de arredor de 300 atletas achegados desde diferentes localidades e centros escolares da comarca do Morrazo. 

Para unha información máis detallada: anpacoiro@hotmail.com / 687 48 95 58 (Sergio Casás – responsable).