Ir o contido principal

Cortes de tráfico pola celebración do campionato de Galicia de Marcha en Ruta

FacebookTwitterShare
 Cortes de tráfico pola celebración do campionato de Galicia de Marcha en Ruta

Con motivo da celebración do Campionato de Galicia de Marcha en Ruta, que terá lugar o vindeiro domingo na explanada do peirao de Aldán en horario de 11:00 a 13:30 horas, a Policía Local procederá a realizar algúns cortes de tráfico para asegurar o correcto desenvolvemento da mesma. Estas medidas comezarán ás 08:00 horas da mañá e, arredor das 14:00 horas, coincidindo co remate da proba, xe se poderá desmontar o dispositivo para que os coches volvan circular con normalidade.

  • Na Avenida José Graña instalarase unha indicación de tráfico cortado a 200 metros. Na subida á Igrexa haberá outra sinalización indicando cortes a 100 metros.
  • Á altura do Colexio da Sagrada Familia os accesos e as saídas estarán totalmente prohibidos a vehículos de todo tipo.
  • No Barrio Espiñeira interromperase o paso ao peirao, polo que os residentes do lugar deberán saír pola Rúa Areacova ou Rúa Maceira cara Camiño Vello.

A continuación, móstrase unha imaxe do circuíto da proba, sinalado en vermello.