Ir o contido principal

Clausura do programa “Enredos de Verán”

FacebookTwitterShare
Clausura do programa “Enredos de Verán”

O programa “Enredos de verán”, organizado polas concellarías de Ensino e Deportes, Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, e Xuventude e Voluntariado rematou hoxe tras iniciarse o pasado 26 de xuño.

As actividades que se levaron a cabo consistiron en diversos talleres, xogos cooperativos, dinámicas de grupo ou actividades náuticas, entre outras. Todas elas estiveron enfocadas a cumprir os seguintes obxectivos:

  • Fomentar a igualdade de oportunidades
  • Crear un lugar de encontro entre rapaces e rapazas.
  • Potenciar un modelo de sustentabilidade social.
  • Promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral da cidadanía.
  •  Xerar unha rede de servizos sociocomunitarios diversos e flexibles.
  • Desenvolver actividades para nenos e nenas fóra do horario escolar, en períodos de vacacións, tendo en conta a perspectiva de xénero.