Ir o contido principal

Clasura do campus Trinat Experience

FacebookTwitterShare
Trinat Experience

No día de hoxe, o alcalde, Xosé Manuel Pazos Varela, participou na clausura do Campus Trinat Experiencie de tríatlon, evento que se desenvolveu neste Concello desde o pasado 28 de abril. No acto de peche tamén estiveron presentes o organizador e director Raúl Perez e o aclamado deportista Óscar Pereiro, ao que se lle fixo unha homenaxe pola súa traxectoria.

“Espero que o pasarades ben no noso municipio, sen dúbida é un sitio marabilloso e acolledor. Esperámosvos coas portas abertas para cando queirades volver. Confeso que para min é unha inmensa honra estar ao lado de Óscar Pereiro, gran deportista, grandísimo ciclista e bo futbolista”.

Convén lembrar que este campus estaba dirixido a persoas maiores de 16 anos co obxectivo de pasar unhas “xornadas inolvidables” a través do deporte e a natureza. Nelas contouse coa participación de personalidades como Solange Pereira, Brais Canosa, Jorge Pena, Cristian Fernández e, o anteriormente mencionado, Óscar Pereiro.

Todas as persoas anotadas puideron participar de actividades como unha ruta en kaiak, unha clase de windsurf, unha sesión de ioga ou dúas visitas culturais a Cabo Home e a Aldán, ademais de charlas informativas sobre técnica e táctica no tríatlon e diversos adestramentos.