Ir o contido principal

Cangas, concello saudable

FacebookTwitterShare
Cangas, concello saudable

Este luns, día 14 de maio de 2018 ás 19:00 horas no Centro Social de Abanca (Pontevedra), celébrase un acto no que o Concello de Cangas recollerá un dos Premios Deporte Galego na categoría de Galicia Saudable pola súa difusión da actividade física e hábitos da vida activa. En nome desta Administración local, asistirán a Alcaldía, a Concellaría de Deportes e unha representación do profesorado de Educación Física. 

Trátase dun gran recoñecemento que pon en valor o traballo e, ao mesmo tempo, representa un estímulo para continuar realizando vías de desenvolvemento da promoción do exercicio como algo moi importante na educación integral das persoas. 

Agradécese ao alumnado e ao profesorado de todos os centros de ensino de Cangas por esta premiación Deporte Galego 2017, polo seu traballo e implicación. Asemade, un especial agradecemento ao coordinador do grupo, Fernando Quinteiro López, profesor de Educación Física do IES Rodeira.