Ir o contido principal

Acto de recibimento a Rodrigo Germade

FacebookTwitterShare
Acto de recibimento a Rodrigo Germade

O Concello de Cangas levou a cabo no día de hoxe un acto de recepción ao palista cangués Rodrigo Germade tras ganar as súas dúas primeiras medallas mundiais no Campionato do Mundo da República Checa. Conseguiu un ouro en K-2 e unha medalla de prata co equipo español de K-4, uns grandísimos e exitosos resultados que se quixeron recoñecer nesta institución. Actos que xa veñen sendo habituais grazas ao enorme talento deportivo que se almacena nesta vila.

O alcalde, Xosé Manuel Pazos Varela, e o concelleiro de Deportes, Xoán C. Chillón, foron os encargados de transmitir o orgullo e a honra que supón albergar a un deportista de tales características no noso pobo: “Temos que sentirnos orgullosos e orgullosas deste éxito deportivo que proxecta o nome de Cangas por todo o mundo. Grazas por este éxito máis, os nosos parabéns en nome de toda a corporación. Estamos seguros que vas volver moitas veces”.  Detrás dun éxito destes hai moito sacrificio, traballo e horas de dedicación, o caso de Rodrigo é un exemplo, polo que lle “auguramos moitísimos anos por diante de vitorias que só se conseguen con esforzo”.

A este recibimento tamén acudiron outros membros dos diferentes grupos políticos do Goberno local, así como afeccionados, familiares e amigos do deportista.