Ir o contido principal

Acto de recepción a Marta Iglesias

FacebookTwitterShare
Acto de recepción a Marta Iglesias

O Concello de Cangas recibiu onte no Salón de Plenos a outra deportista canguesa que participou no Campionato do Mundo Júnior celebrado en Romanía: Marta Iglesias do Club de Mar Ría de Aldán. A piragüista conseguiu un meritorio oitavo posto na final de K1-1000 metros.

O alcalde do municipio, Xosé Manuel Pazos Varela, e o concelleiro de Deportes, Xoán C. Chillón Iglesias, encargáronse de transmitir as pertinentes felicitacións no nome de toda a corporación municipal. Ademais, aproveitaron a ocasión para reiterar o orgullo que senten, xa que en Cangas hai unha gran cantidade de deportistas que ano tras ano demostran toda a súa valía. Algo que sempre vai unido ao esforzo e ao traballo que dedican, así como aos grandes clubs e adestradores que hai nesta vila.