Ir o contido principal

Acto de recepción e despedida a Solange Pereira

FacebookTwitterShare
Acto de recepción e despedida a Solange Pereira

Hoxe tivo lugar un acto de recepción e, ao mesmo tempo, de despedida á atleta Solange Pereira, que vén de lograr a medalla de ouro no Campionato de España e que partirá mañá rumbo ao Mundial de Londres. No acto estiveron presentes representantes de todos os grupos políticos que forman parte do equipo de goberno.

O concelleiro de deportes, Xoán C. Chillón Iglesias, resaltou o orgullo e a sorte que supón para Cangas contar cunha atleta de tal categoría: “A raíña da milla española. Grazas polos teus éxitos, e polos valores que transmites. Continúas medrando, estamos aquí sempre para apoiarte e animarte”. Chillón tamén aproveitou a ocasión para destacar que se está traballando nas axudas para o deporte individual.

O alcalde, Xosé Manuel Pazos, quixo ofrecerlle á deportista a máis grande das felicitacións trasladando que para o Concello sempre é unha honra recibila, xa que Solange leva o nome da vila por toda o mundo. “Sei que vas volver de Londres cun grandísimo resultado, deséxoche unha boa viaxe, unha grandísima participación. Xa pasaches moitas veces por aquí, pero estou seguro que volverás”. 

Pola súa parte, a atleta quixo facer mención ao papel tan importante e destacable que ten Cangas no deporte: “Din que é un dos lugares con máis olímpicos por metro cadrado”.