Ir o contido principal
Medrando na diversidade nos centros educativos

XVI XORNADAS INTERCULTURAIS

FacebookTwitterShare
Xornadas Interculturais

O Concello de Cangas organiza as XVI Xomadas Interculturais neste mes de maio baixo o lema de "Medrando na diversidade nos centros escolares.

Estas xornadas coma ben sendo habitual, aséntanse en tres aspectos fundamentais:

A interculturalidade supón o encontro respectuoso entre diferentes culturas compartindo as igualdades e enriquecemdose das diferencias, para evolucionar como sociedade.

Segundo a UNESCO, "a cultura debe ser considerada como o conxunto dos rasgos distintivos espirituais e materiais,intelectuais e afectivos, que caracterizan a unha sociedade ou a un grupo social e que abarca ademáis das artes e as letras , os modos de vida, os sistemas de valores, as tradicións e as crenzas ".

Respeto da diversidade das culturas, a tolerancia, o diálogo e a cooperación, nun clima de confianza e de entendemento mutuos fainos crecer como individuos e como grupo.

 Por todo esto os obxectivos finais que se persiguen con esta intervención dende o Concello de Cangas son:

Favorecer a integración do colectivo inmigrante.

Facilitar o encontro entre mulleres e homes de distintas culturas e etnias.

Crear un espacio propio de convivencia.

Difundir o principio de igualdade entre homes e mulleres.

Dar a coñecer as diferentes experiencias de cooperación e sensibilización desenvolvidas polas diferentes ongs.

Dende o ano 2005 pretendeuse achegar á cidadanía de Cangas e este ano máis en concreto a comunidade educativa,diversas experiencias de sensibilización e cooperación a traves da participación en distintas actividades.

Pretendese asi mesmo, incidir nos distintos centros escolares tanto de infantil como de primaria e de secundaria, tanto con actividades lúdicas e de tempo libre (obradoiros e xogos) como con actividades didácticas.

As actividades a levar adiante este ano xunto cos centros escolares participantes son as seguintes:

1.- Contacontos con “Mohamed en Paztinete" ANXOMOURE

Centros: Escolas infantis de Hio e Choupana. Ceip Hio, Ceip Espiñeira, Compañia de María, Ceip San Roque Ceip Castrillón Ceip A rúa , Eduardo Pondal

Datas: 2 e 8 de maio

Anxo Moure é un cangués de adopción e chantadino de nacemento que leva máis de trinta e cinco anos percorrendo as escolas de Galiza e de España cos seus contos e historias solidarias.

Contos solidarios defende o conto como ferramenta educativa, de sensibilización e loita, para construír un mundo en harmonía co ecosistema e garante da xustiza social.

Nesta ocasión, o alter ego do cociñeiro Mohamed Quechua, estará encantado de visitar as Galiñas Azuis do Concello de Cangas no seu "paztinete", para cociñar contos solidarios que alimenten a cooperación pero sobre todo a interculturalidade.

 

2.-CINE:"ERNEST & CELESTINE"

CURSO:  1º e 2º de primaria. Centros: Ceip Nazaret, Ceip Hio, Ceip A Rúa, Ceip San Roque, Ceip Castrillón, Compañia de María , Casa de la Virgen

DATA:  xoves 11 de maio

LUGAR: Auditorio Municipal

Esta é unha historia que conta como un oso fai amizade cun rato. Ernest, un enorme oso músico itinerante un pouco pícaro pero con gran corazón, recibe na súa casa á pequena Celestine, un rato orfo que escapou do inframundo dos roedores.

A pesar das súas diferenzas, aprenden a respectarse e a coñecerse. Entre eles xurdirá unha gran amizade ainda que a xente non os entenda..

 

3.- "BAILE DAS PAZDEIRETAS CONTRA METRALLETAS" ANXOMOURE

CURSO :  3º de primaria. Centros: Ceip Hio, Ceip Espiñeira, Ceip San Roque, Ceip Castrillón, Ceip A Rúa, Compañia de maría, Casa de la Virgen

DATAS: xoves 4 de maio

Anxo Moure, é un cangués de adopción e chantadino de nacemento que leva máis de trinta e cinco anos percorrendo as escotas de Galiza e de España cos seus contos e historias solidarias.

Nesta ocasión, vainos acompañar, cun obradoiro de reciclaxe das malas novas, das inxustizas, do racismo, das diferenzas, da violenza...

Acudirá a cada aula coa maletiña que sempre o acompaña e que é unha fábrica de corazóns. Xunto con todo ó alumnado, reciclará as malas novas para facer corazóns de papel a favor da tolerancia, do respeto, da paz, da solidaridade e da interculturalidade. Acompañado cun conto, o obradoiro dará coma resultado un gran corazón reciclado, tolerante e intercultural.

 

4.-"Contos do mundo. As viaxes de Irene" ONG SOLIDARIDADE INTERNACIONAL GALICIA

CURSO:  4º de primaria. Ceip Hio, Ceip Espiñeira, Ceip Nazaret, Ceip Castrillón, Ceip San Roque, Ceip A Rúa, Compañia de María, Casa de la Virgen, Eduardo Pondal DATAS: venres 5 e mércores 10 , e xoves 11 de maio

Solidariedade Internacional de Galicia é unha ONGD creada no ano 1996, de carácter laico, que promove a xustiza social levando a cabo proxectos de cooperación internacional, axuda humanitaria, comercio xusto e educación para o desenvolvemento e sensibilización.

A través da narración e representación de contos, achegaráselle aos nenos e nenas a cultura de diferentes países dos que proceden algúns dos seus novos veciños/as. Os contos son os primeiros exemplos de ficción ou referencias imaxinarias que os rapaces e rapazas teñen para emprender o camiño de ser adulto, conxugando a fantasía coa realidade.

A actividade pretende favorecer o coñecemento doutras culturas, afianzar os valores de cooperación, tolerancia, respecto a diversidade ao tempo que se fomenta a lectura. Ademais de dar a coñecer aos nenos e nenas a vida de persoas doutros continentes.

As historias que se representan, sacáronse dunha recompilación de historias populares sacadas do libro "Irene en Oriente Próximo", "Irene nos Andes", "Irene no Sahara", "Irene en América Central" e "Irene en Senegal" que a súa vez pertence á colección "Contos do Mundo".

 

5."XIMKANA MULTICULTURAL" SOLIDARIDAD E INTERNACIONAL GALICIA

CURSO: 5º de primaria. Ceip Hio, Ceip San Roque, Ceip A Rúa, Ceip Castrillón, Ceip Nazaret, Ceip Espiñeira,Compañia de María , Casa de la Virgen, Eduardo Pondal

DATA: venres 5 de maio e martes 9 e xoves 11 de maio

Gimkana Multicultural pretende fomentar a interculturalidade, para erradicar futuros comportamentos racistas, xenófobos e etnocentristas, así como a creación de prexuízos e estereotipos culturais e sociais.

Por todo isto, na Gimkana Multicultural realizase un circuito de probas e o ser superado se facilitarán ós nenos e nenas coñecementos dunha forma sinxela, para ó mesmo tempo fomentar neles/as valores de interculturalidade, respecto a diversidade e non discriminación e coñecemento da cultura doutros pobos que viven en países con características diferentes ao noso.

 

6.-"A GRAN FESTA" ONG ECOS DO SUR

CURSO: 6° de primaria. Ceip Castrillón, Ceip Hio, Ceip Espiñeira, Ceip Nazaret, Ceip San Roque,Casa de la Virgen, Compañía de María

DATAS: Xoves 4 e venres 5 de maio de maio

 

 

 

Trátase dun obradoiro no que dunha forma divertida e traballando por grupos, se planifica unha festa de cumpreanos. O alumnado, darase conta, da importancia e a riqueza que aporta a diversidade.

Preténdese dar a coñecer a orixe das cousas que consumimos a diario, e facilitar a reflexión sobre a tolerancia, aceptación e integración dxs migrantes. A reflexión final versará sobre como as festas empobrecerían sen o valor da interculturalidade

 

7.-0 MISTERIO DO CHOCOLATE" ONG SOLIDARIDADE INTERNACIONAL GALICIA

CURSO: 1° DA ESO. les Maria Soliño, les Montecarrasco,Eduardo Pondal

DATAS: mércores 10 de maio

 A través dun xogo interactivo creado a través da ferramenta genially (programa Edixgal) os nenos e nenas coñeceranos conceptos de comercio xusto e consumo responsable, así como os beneficios que teñen para as persoas productoras a través do xogo O misterio do chocolate

 

8.-"VERDADEIRO OU BULO ?" FUNDACIÓN ESPLAI

CURSO: 2º DA ESO. les María Soliño, Eduardo Pondal

DATAS: mércores 10 de maio

 O contido está dividido en 3 partes:

-Mentalista: Xogo para reflexionar sobre os marcos mentais,prexuizos e estereotipos

-Maldito bulo: Que é un bulo? Que son as fake news? Que colectivos esán mais sinalados por este tipo de novas?

-Contradiscurso dixital:A través de diversas ferramentas dixitais faremos traballo grupal para crear memes, stickers, gifs,...

 

9.- "QUEN QUERE SER MILLONARIO/A" ONG SOLIDARIDADE INTERNACIONAL GALICIA

CURSO: 3º DA ESO. IES Montecarrasco

DATAS: venres 5 de maio

A partir da recreación do famoso concurso, os /as participantes poderán achegarse ao actual modelo de consumo e as súas terribles consecuencias sociais e medioambientais.

A posta en marcha será a través dunha intervención teatralizada , e quen acepte participar se lle dará unha tarxeta na que poderán consultar o seu premio e as consecuencias sobre as outras persoas e a contorna. O mapa de Peters xigante facilitará a ubicación dos afectados/as.