Ir o contido principal

XIII Concurso de postais de Nadal

FacebookTwitterShare
Cartaz

Bases

  • Destinatarios: Establecerase unha única categoría para nen@s de idades comprendidas entre os 3 e os 15 anos.
  • Postais: Versarán sobre o Nadal, e farase alusión á biblioteca e ao mundo da lectura. Todas as postais deben ir identificadas na súa parte traseira cos datos persoais do participante (nome, apelidos, dirección, idade e teléfono).
  • Formato e materiais: O formato a presentar será en cartoliña A4 de cor ou branca.
  • Presentación dos traballos: Cada participante poderá entregar unha única postal.
  • Entrega das postais: O prazo de entrega establécese do 2 de decembro ao 20 de decembro do 2019.
  • Exposición: As postais estarán expostas na Biblioteca dende a súa presentación ata o día de entrega de premios.
  • Premios: Haberá unha postal gañadora en cada Biblioteca. Cada gañador recibirá un lote de libros. Os gañadores daranse a coñecer o 14 de xaneiro do 2020. De entre as cinco postais gañadoras, seleccionarase unha, e ésta será a imaxe do cartel que anuncie a seguinte edición do concurso.
  • Propiedade: O Concello de Cangas resérvase a posibilidade de publicar as obras presentadas a concurso no momento que considere convinte. Neste sentido o autor renuncia a calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autor, e o exemplar que entregue da súa obra quedará en propiedade do Iltmo. Concello de Cangas.
  • A participación no concurso implica a plena aceptación das bases.
  • A organización resérvase o dereito a cancelar o concurso ou resolver os imprevistos sen estar obrigado a comunicarllo previamente aos participantes.
  • Máis información: Para calquera dúbida póñase en contacto co bibliotecari@ ou en www.bibliotecasmunicipaisdecangas.blogspot.com