Ir o contido principal

Unha mostra de Río 2016 no Auditorio de Cangas

FacebookTwitterShare
Unha mostra de Río 2016 no Auditorio de Cangas

O Auditorio Municipal de Cangas acollerá a exposición itinerante “De Pontevedra a Río 2016” entre os días 10 e 21 de maio.

Á inauguración, que tivo lugar hoxe mércores día 10 de maio ás 13:30 horas no Auditorio Municipal, asistiron a Deputada de Deportes, Chelo Besada, o Alcalde de Cangas, Xosé M. Pazos, e o Concelleiro de Ensino e Deporte, Xoán X. Chillón.

A exposición fotográfica rende homenaxe “ás e aos deportistas olímpicos, por unha banda, e parolímpicos, pola outra, da provincia de Pontevedra que participaron nas últimas edicións dos Xogos Olímpicos e Parolímpicos”.

"De Pontevedra a Río 2016" está a recorrer todos os concellos da provincia e recolle o palmarés das e dos 16 deportistas da provincia de Pontevedra que participaron nos Xogos Olímpicos e Parolímpicos o pasado ano, nuns paneis individuais nos que se poden comprobar as súas traxectorias deportivas.

Os nosos olímpicos e paraolímpicos “necesitan un recoñecemento especial polos méritos acadados e a asistencia de público estará garantida debido a gran programación cultural que se desenvolverá nestas semanas no Auditorio Municipal”.

Os 16 de "Río 2016" son Fernando Alarza Vicente, Juan Antonio Saavedra Reinaldo, Fernando Echávarri Erasun, María Bernabey Avomo, Támara Echegoyen Domínguez, Sebastián Rodríguez Veloso, Marín de la Puente Riobó, César Neira Pérez, Óscar Carrera Amandi, Gustavo Nieves Campello, Frank Casañas Hernández, Agustín Alejos Alonso, Jean Marie Okutu Kouletio e Susana Rodríguez Gacio, e os palistas cangueses Rodrigo Germade Barreiro e María Teresa Portela Rivas.

A mostra poderá visitarse, entre as 17:00 e as 21:30 horas, no Auditorio Municipal.