Sinalización do patrimonio histórico cultural
De acordo coas bases que regulan as subvencións destinadas a concellos da provincia de Pontevedra para a sinalización do patrimonio histórico e cultural e a memoria histórica, ano 2016, publicadas no BOP 122 de data 28/06/2016, en sesión do 28 de outubro de 2016 a Deputación aprobou a concesión de subvención correspondéndolle a Cangas a cantidade de 6.171€.
O Concello ten unha enorme riqueza patrimonial, histórica, cultural, artística, etnográfica e natural, en calquera das súas cinco parroquias e estamos apostando pola recuperación de espazos a través da humanización e peonalización de rúas e prazas e outros espazos de lecer nas parroquias. Deste xeito presentamos a esta subvención o proxecto para a sinalización de tres puntos de interese.
En concreto realizáronse uns paneis informativos do Cruceiro do Hío, Capela do Hospital e Xardíns de Félix Soaxe, sempre preservando a súa calidade e axudando o mantemento da súa singularidade e valor cultural. Esta actuación reflectirá nun maior grao de satisfacción da cidadanía que poderá recoller de maneira eficaz e rápida as características esenciais de cada un de estes puntos.
Nos paneis figuran uns textos corrixidos polo departamento de normalización lingüística da Deputación Provincial de Pontevedra nos dous idiomas oficiais do Concello, galego e castelán, coas características principais dos tres puntos, ano de construción, autores, singularidades, etc.
Desde a Concellaría de Obras e Servizos, a Concellaría de Cultura e a Concellaría de Turismo, colaboradoras nesta actuación, apostamos por poñer en valor o noso concello como se merece.
- Log in to post comments



