Ir o contido principal

Sábado, 11 de maio ás 20:00 horas. CAYETANO LLEDÓ Presenta: SHERLOCK HOLMES

FacebookTwitterShare
CAYETANO LLEDÓ Presenta: SHERLOCK HOLMES

Sinopse:

O famoso detective Sherlock Holmes tentará resolver outro emocionante caso. As xoias da Mansión dos Patterson foron roubadas. Sospéitase de todo o personal que traballa na casa, de todo aquel que estivera polas cercanías da Mansión o día do roubo. Todos baixo sospeita: o cociñeiro, o mordomo, a ama de chaves, calqueira amigo da baronesa dos convidados á festa… Agás alguén de entre o público podería ter feito o roubo. Coa axuda dos espectadores o famoso detective tentará descubrir ao culpable e recuperar as xoias. ¿O conseguirá?

MAXIA, TEATRO E HUMOR PARA TODOS OS PÚBLICOS.

 

Duración:

75 minutos.

 

Premios de maxia e clasificación de Cayetano LLedó:

-Campionato mundial de maxia en Busan, Corea do Sur, 2018. 4º posto na clasificación mundial.

-Mellor espectáculo de maxia congreso internacional de Almussafes 2015, 1º premio

-Mellor espectáculo de maxia cómica Congreso Máxico nacional de Francia 2015

-2º premio no certame de maxia de Baden, Suiza 2017

-Mellor espectáculo de maxia no Congreso Máxico nacional de España 2017

-3º premio no congreso de maxia de Abano Terme, Italia 2017

 

Biografía Cayetano Lledó:

Cayetano lledo é un produtor e distribuidor de teatro, ilusionista e actor de improvisación galego. As súas obras de escena están baseadas na comedia e na maxia cómica. Ten participado en moitos festivais internacionais de ilusionismo, e ten desenvolvido a súa maxia en diversos países europeos.

Leva ás costas unha sólida carreira como mago, showman e artista multidisciplinar de escena dende que no ano 2007 abriuse ao ámbito teatral galego despois de ter fundado a súa propia compañía Teatro Máxico. Foi nese ano cando entrou na Asociación de Magos Profesionais de Galicia (MPG), asociación da que é o actual presidente.

A mestura de estilos teatrais fundidos con elementos de circo e vodevil son unha característica constante do seu estilo. Nos seus espectáculos introduce elementos de maxia, clown, comedia, teatro de improvisación, pantomima, hipnose e faquirismo, danza e linguaxe corporal, cambios de vestiario, manipulación de obxectos e cartas, malabarismo de contacto, etc.

Hoxe en día, a súa actividade profesional versa ao longo de dúas liñas de traballo: por unha banda, a investigación e desenvolvemento de efectos máxicos aplicados á escena; e pola outra, a interpretación, produción e distribución de espectáculos de maxia teatralizada.

 

Venda de localidades:

Anticipada: ataquilla.com (buscar en google: ataquilla cangas).

O mesmo día: Despacho de billetes do auditorio, de 18:00 a 20:00 horas. (2 horas antes do comezo da función).

Prezo: 5€.

https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/teatro/auditorio-municipal-de-cangas/9968--sherlock-holmes.html