Programa de Actividades Outubro-Decembro das Bibliotecas Públicas
As Bibliotecas Públicas do Concello de Cangas están en continuo movemento, ofrecendo en todo momento unha ampla programación para toda a súa comunidade lectora.
Neste mes pódese destacar o denominado como ‘agasallo ao mellor lector’, nome que se dará a coñecer o venres 13 de outubro. Tamén se celebrará o Día das Bibliotecas e realizaranse obradoiros de Samaín nas parroquias desde o 27 ao 31 de outubro.
Como cada ano, poderase atopar un recuncho adicado ao outono, no que os libros protagonistas terán unha temática que xire arredor das tradicións, lendas, receitas para o Samaín ou contos de medo, entre moitas outras.
Ao final da tempada, no mes de decembro, realizarase o XI Concurso de Postais de Nadal, que terá lugar entre o día 1 e o 22. As bases poderanse consultar nas bibliotecas. Asemade, faranse diversos obradoiros de Nadal.
- Log in to post comments



