Ir o contido principal
Lembramos que o vindeiro 15 de abril remata o prazo para a presentación de candidaturas para os premios Xohan de Cangas e Ignacio Cerviño creados polo Concello de Cangas. Achégase convocatoria coas bases dos premios

Premios da cultura para o recoñecemento público e institucional

FacebookTwitterShare
Premios da cultura para o recoñecemento público e institucional

Co obxectivo de incentivar, cohesionar e, ao mesmo tempo, recoñecer publicamente o labor de numerosas persoas e colectivos do noso Municipio que desenvolven un traballo inxente a prol da nosa Cultura, do noso Patrimonio e da Creación Artística, en calquera das súas múltiples facetas, o Concello de Cangas creou institucionalmente os Premios Xohan de Cangas e Ignacio Cerviño, e no presente exercicio 2019 a Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística os desenvolve de acordo coas seguintes bases:
PREMIOS:
1.- PREMIOS “XOHAN DE CANGAS”:
1 1.A .- “PREMIO XOHAN DE CANGAS AO LABOR CULTURAL” á persoa, colectivo ou entidade pública ou privada que se veña significando polo seu traballo na defensa e promoción da nosa Cultura en calquera dos seus eidos: música, baile, danza, audiovisuais, teatro, canto, animación sociocultural, tradición oral, cultura popular, etc.
2 1.B.- “PREMIO XOHAN DE CANGAS Á CREACIÓN ARTÍSTICA” á persoa, colectivo ou entidade pública ou privada que se teña significado pola súa obra de creación en calquera das facetas.
2.- PREMIO “IGNACIO CERVIÑO Á RECUPERACIÓN / PROMOCIÓN DO PATRIMONIO”
Dirixido a todas ás persoas, colectivos ou entidades públicas ou privadas que se teñan distinguido por desenvolver iniciativas de investigación, recuperación, posta en valor, promoción... do noso Patrimonio histórico, artístico, documental, medioambiental ou arquitectónico.
Neste apartado poderán ser premiadas tamén obras concretas que vaian en consonancia co obxecto do premio.
BASES:
1.- Os premios consistirán nun recoñecemento oficial, non levando aparellada remuneración económica.
2.- Poderán presentar candidaturas todas as asociacións culturais, veciñais, artísticas e sociais do Municipio de Cangas, así como todos os partidos políticos e grupos municipais da Corporación canguesa, ata o 15 abril de 2019. As candidaturas debidamente motivadas presentaranse por escrito e asinadas polo promotor no Rexistro Xeral do Concello de Cangas, ou por correo electrónico: cultura@cangas.gal
3.- De entre todas as candidaturas, escollerá as gañadoras un xurado composto polos membros seguintes:
* O Concelleiro de Cultura e Normalización Lingüística ,ou persoa en quen delegue, que presidirá o xurado.
* Tres persoas de recoñecido prestixio, que non sexan candidatas na mesma edición e preferentemente premiados/as anteriormente. Estas persoas serán nomeadas polo Sr. Concelleiro de Cultura .
* Os/as seguintes técnicos/as municipais:
- Un/unha técnico/a da área de Mocidade.
- O/a Director/a do Auditorio Municipal.
- O/A Director/a do Conservatorio ou da Escola de Música.
- Un/unha técnico do Departamento de Cultura.
- Un/unha bibliotecario/a responsable da Biblioteca Central ou das Parroquiais, escollido/a entre eles.
- Un/unha técnico/a responsable da área de Urbanismo.
Entre todos os membros do xurado escollerán un/unha secretario/a que actuará con voz e con voto e que levantará acta dos acordos.
4.- Os galardóns entregaranse na “Festa da Cultura” que se celebrará no Auditorio Municipal o 17 de maio de 2019.

Cangas xaneiro de 2019