Ir o contido principal

O Conservatorio Municipal abre novas prazas para o vindeiro curso 2017-2018

FacebookTwitterShare
O Conservatorio Municipal abre novas prazas para o vindeiro curso 2017-2018

Un ano máis o conservatorio municipal de Cangas abre as inscricións para o vindeiro curso 2016-2017. Este ano faino cunha capacidade de admitir 5 novas prazas no nivel Elemental e outras 21 prazas para alumnado do nivel Profesional.

A inscrición estará aberta dende o día 12 ata o día 15 de xuño e poderán presentarse as solicitudes no propio Conservatorio en horario de 16:00 a 21:00 horas.

 Documentación a presentar para as inscricións

  • SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NA PROBA (recollerase na Conserxería do Conservatorio).
  • COMPROBANTE DE ABOAMENTO DAS TAXAS: 15,23€ para acceso a 1º Grao Elemental e 40.60€ para acceso a Grao Profesional (xestión na Tesourería do Concello).
  • FOTOCOPIA DO DNI DO ALUMNO/A.
  • UNHA FOTOGRAFÍA TAMAÑO CARNÉ.
  •  

Para máis información consultade nas dependencias do centro en horario de 16:00 a 21:00 horas presencialmente no enderezo: Avda. de Lugo, 27, 36940 - CANGAS ou no teléfono de contacto 986 30 41 58.