Ir o contido principal

Nova etapa para o Canjazz co relevo na organización do Festival de Jazz de Cangas

FacebookTwitterShare
Nova etapa para o Canjazz co relevo na organización do Festival de Jazz de Cangas

No acto de presentación desta nova etapa para un proxecto máis que consolidado na nosa vila estiveron presentes o Alcalde, Xosé Manuel Pazos. o Concelleiro de Cultura, Héitor Mera, membros da Asociación de Jazz de Cangas, os músicos Iago Fernández, Xan Campos e Luis Carballo.

A Asociación de Jazz de Cangas, promotora do festival de jazz máis antigo de Galicia, foi creada pro músicos profesionais vinculados á vila, co obxectivo de promover e difundir o jazz en Cangas e no Morrazo.

Desde o concello reiteran o seu apoio e confianza nesta asociación para a organización dun festival de referencia en Galicia, xa que “representan a esencia xenuína do Canjazz e polo tanto son as persoas idóneas para garantir o seu óptimo desenvolvemento”.

Os músicos Iago Fernández e Xan Campos participaron na organización do Canjazz durante as súas tres últimas edicións a través da antiga Asociación Cultural Canjazz, recentemente disolta.

Pola súa banda, Luís Carballo, responsable da organización do festival durante 13 anos, pasou no seu día o relevo a estes dous músicos cangueses aos que apoia incondicionalmente para dar continuidade ao festival, estando sempre “en mans de músicos locais”.