Ir o contido principal

I Certame de Grupos Noveis Musicangas

FacebookTwitterShare
I Certame de Grupos Noveis Musicangas

A Concellaría de Xuventude do Concello de Cangas dentro do programa MUSICANGAS 2017, convoca a I Edición do Certame de maquetas de Grupos Noveis para que grupos e solistas da Comarca do Morrazo, de calquera estilo de música, poidan participar.

A finalidade desta iniciativa é promover, apoiar e incentivar o gusto e a afección pola música, estimulando a creatividade artística dos xoves.

As bases que regulan esta convocatoria son as seguintes:

  1. Co fin de promover e difundir a música independente de calquera estilo, convócase o I CERTAME  DE GRUPOS NÓVEIS MUSICANGAS.
  2. Poderán participar todos aqueles grupos ou solistas que o desexen, da  comarca do Morrazo (Cangas, Bueu, Moaña, Marín).
  3. Non poderán participar aqueles que teñan na  actualidade un contrato discográfico en vigor (admitiranse grupos con traballos discográficos autofinanciados por eles mesmos), nin os gañadores de outros certames.
  4. Cada grupo ou solista deberá presentar un mínimo de DOUS TEMAS (máximo 15 minutos,  sendo orixinais en canto a composición de letras e música).
  5. No formulario de inscrición indicaranse OS TEMAS, no caso que se presenten máis de dous, e serán os que o xurado tomará como inscritos, tendo que ser, orixinais en letra e música e que serán os que se interpreten en directo no concurso.
  6. A maqueta será presentada en formato CD ou USB, ou ben remitindo as direccións dos enlaces  dos temas en youtube. No exterior debe ir o nome do grupo ou solista.
  7. Xunto coa maqueta acompañará un DOSSIER que debe conter obrigatoriamente:      

Encabezado co nome artístico, biografía do grupo ou solista, nome dos compoñentes, idade, fotografías e ridder.

IMPORTANTE: incluír correo electrónico, teléfono e dirección postal de contacto.

  1. En ningún caso será devolto o material enviado.
  2. O material deberá achegarse por correo ordinario antes do día 15 de xullo (non se aceptarán traballos a man) a:   Casa da Xuventude - Rúa Real, 29 – 36940 Cangas.
  3. O faio do xurado darase a coñecer o día 28 de xullo.
  4. Serán seleccionados catro grupos que participarán nun Festival o día 24 de agosto.
  5. Outorgarase un único premio de 500€ ao gañador e 3 accésits de 250€ aos catro seleccionados
  6. Os catro seleccionados participarán no festival, e a orde de actuación será proposta pola organización do festival.
  7. O xurado do certame  poderá declarar deserto o premio, se o estima oportuno.
  8. Os participantes, aceptarán o faio do xurado, sendo este inapelable.
  9. A inscrición e participación neste certame implica a aceptación da totalidade das bases e a propagación dos traballos en medios de comunicación.
  10. O Festival MusiCangas adquire os dereitos de imaxe dos participantes do certame.