Ir o contido principal

Encontro de violoncelistas: V Aniversario

FacebookTwitterShare
Encontro de violoncelistas: V Aniversario

A Asociación de Violoncelistas de Galicia celebra o seu quinto aniversario organizando un Encontro de Violoncelistas en Cangas do Morrazo o vindeiro sábado, día 30 de setembro de 2017. Soncello é a encargada de organizar o citado evento, no que tamén se inclúe a colaboración da Concellaría de Ensino e Deporte.

Os membros de Soncello móstranse moi contentos por estar de novo na nosa vila, “trátase dun lugar moi especial, posto que nos acolleu nos nosos inicios, alá polo ano 2012. Ese día foi marabilloso, do que, ben seguro, lembraremos todas e todos”. 

O programa de actos é o seguinte:

11:00 horas.- Palco da Música Xardíns de José Félix Soage – Alameda Recepción e Entrega de Camisolas conmemorativas do Encontro.

12:00 horas.- Actividade Lúdica: Xogos de Probas. Celebración de diversas probas musicais, de lóxica,… en distintos lugares e prazas do casco histórico e Cangas.

14:00 horas.- Macro-Picnic. Cada participante traerá a súa propia comida. Haberá unha tarta Soncello para celebrar o  V Aniversario.

16:00 horas.- Ensaio aberto ao Público. Preparación das pezas do Concerto Final, montando os patróns rítmicos e melódicos aprendidos ao longo da mañá na Actividade Lúdica.

19:00 horas.- Concerto final Mega - Orquestra Soncello con todos os participantes. Interpretación das pezas traballadas. Adro da Igrexa Ex Colexiata ou Auditorio, como lugar alternativo, se a climatoloxía non acompañase.

As pezas a traballar serán: Human, Nothing else matters, Xogo de Tronos e Moon River.