DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO
O próximo 27 de marzo, Día Internacional do Teatro realizarase as 20:00 h na Casa da Cultura, a cargo de Teatro Aberto, a representación de “A trenza dos feitos amargos”, dirixida por Xoan Carlos Riobó, cunha dramaturxia elaborada por Xoan Carlos Riobó e Asun Bernárdez a partir da obra “Lola, filla de Cangas”, de Asun Bernardez.
O elenco de intérpretes de Teatro Aberto está integrado por : Marina Fandiño, Xavier Fernández, Pilar Ferrari, Araceli Gato, Antón Lamapereira, Francisco Lariño, Pilar Malvido, Cristina Rial, Fina Rodriguez, Concha Vizcaya e Serafín Villar.

- Log in to post comments