Ir o contido principal

De Pontevedra a Río 2016 chega a Cangas

FacebookTwitterShare
De Pontevedra a Río 2016 chega a Cangas

O Auditorio Municipal de Cangas acollerá a exposición itinerante “De Pontevedra a Río 2016” entre os días 10 e 21 de maio.

A mostra, que será inaugurada mañá mércores día 10 de maio ás 13:30 horas no Auditorio Municipal pola Deputada de Deportes, Chelo Besada, e o Alcalde de Cangas, Xosé M. Pazos, é toda unha homenaxe da Deputación de Pontevedra ao deporte olímpico e parolímpico da provincia.

A exposición fotográfica rende homenaxe “ás e aos deportistas olímpicos, por unha banda, e parolímpicos, pola outra, da provincia de Pontevedra que participaron nas últimas edicións dos Xogos Olímpicos e Parolímpicos”.

As persoas asistentes poderán comprobar a traxectoria deportiva dos 16 deportistas da provincia que participaron nos Xogos de Río 2016, expedición na que se atopaban dous cangueses: os palistas Teresa Portela e Rodrigo Germade. 

A mostra poderá visitarse, entre as 17:00 e as 21:30 horas, no Auditorio Municipal.