Ir o contido principal

Convenios da Mostra de Teatro Internacional e a Escola Municipal de Artes Escénicas

FacebookTwitterShare
Convenios da Mostra de Teatro Internacional e a Escola Municipal de Artes Escénicas

Esta mañá o Alcalde do Concello de Cangas, Xosé M. Pazos, recibía na sala anexa á alcaldía aos representantes da Asociación Cultural Xiria e da Entidade Ningures Producións S.L. para asinar un convenio de colaboración que permitirá a realización das súas actividades durante este ano 2017.

A Asociación Cultural Xiria recibirá 14.000€ para desenvolver a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, un evento de sobra consolidado na nosa vila, que este ano celebra a súa 34 edición. Levarase a cabo do 20 de xuño ao 8 de xullo con 22 espectáculos en 9 espazos do concello: Auditorio Municipal, Alameda Vella, Capela do Hospital, Casa da Cultura, Praza da Constitución, Praza de Ojea, Parque da Palma, Xardíns do Señal e Salason. Toda a información dos distintos espectáculos está dispoñible en Mostra do Teatro de Cangas

Pola súa banda, a Entidade Ningures Producións S.L. recibirá 4.000€ para a organización da Escola Municipal de Artes Escénicas de Cangas durante o presente ano. Trátase dunha escola que se desenvolve no Auditorio Municipal e que ordena a súa formación en tres cursos ou niveis:

  1. Curso de Interpretación (corpo, emoción e voz).
  2. Curso de Teatro para Mozos e Mozas (de entre 13 e 17 anos).
  3. Curso de Posta en Escena dunha Montaxe Teatral.

Desde o Concello continúa a apostarse pola cultura e a tradición teatral tan arraigada en Cangas.