Ir o contido principal

Concurso de Postais de Nadal

FacebookTwitterShare
Concurso de Postais de Nadal

As Bibliotecas Municipais de Cangas xa comezaron a XI edición do Concurso de Postais de Nadal, que se levará a cabo entre o 1 e o 22 de decembro. 

Nel establécese unha única categoría para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 15 anos. As postais deben versar sobre o Nadal e facer alusión ás bibliotecas e ao mundo da lectura. Todas elas deben estar identificadas na súa parte traseira cos datos persoais da persoa participante (nome, apelidos, dirección, idade e teléfono). O formato a presentar será en cartoliña A4 facilitada pola biblioteca e unicamente se poderá presentar unha única creación.

As postais estarán expostas na biblioteca desde a súa presentación e os gañadores daranse a coñecer o 10 de xaneiro. 

Descargas