Ir o contido principal
Do 14 de xullo ao 15 de setembro na túa biblioteca pública

Concurso de Fotolectura 2017

FacebookTwitterShare
Concurso de Fotolectura 2017
  1. A organización do Concurso canalizarase a través das Bibliotecas Públicas Municipais de Cangas: Aldán, Coiro, Darbo, e O Hío.
  2.  O Concurso ten por obxecto reflexar mediante imaxes o mundo dos libros e da lectura en calquera das súas dimensións: humana, educativa, anecdótica, cultural, recreativa, familiar, social, etc.
  3.  Poderá participar no concurso calquera persoa agás o persoal das bibliotecas participantes e os membros do xurado do concurso.
  4.  As fotografías serán inéditas, non podendo ser seleccionadas con anterioridade en calquera outro concurso.
  5. Establécese unha única categoría. Cada participante poderá presentar un máximo de 3 fotografías. As fotografías non poderán conter imáxes violentas ou discriminatorias; tampouco se permitirán contidos obscenos de calquera índole.
  6. As fotografías presentaranse en soporte dixital, en fomato jpg. A presentación poderá facerse persoalmente nas bibliotecas ou mediante correo electrónico.
  7. Para a presentación persoal, os participantes entregarán a imaxe na biblioteca nun pen-drive ou CDR e facilitarán @ bibliotecari@ os seus datos para a inscrición no concurso:
  8. As inscricións de menores de idade deberán estar firmadas pola nai, pai ou titor.

Dacordo coa normativa vixente será necesario presentar autorizacións firmadas  polos pais ou titores das persoas menores de 18 anos que aparezan fotografiadas e sexan recoñecibles (segundo modelo). 

  1. Para a presentación a través do correo electrónico as fotografías enviaranse a unha das direcións das bibliotecas participantes. Cada imaxe será un único arquivo. Xunto ás imaxes enviarase un documento que inclúa os seguintes datos da persona participante: 
  • Nome da biblioteca onde se descarga a fotografía
  • Nome completo d@ autor@
  • Data de nacemento
  • Dirección de contacto,
  • Correo electrónico (se tivese)
  • Teléfono
  • Títulos da/as fotos 

Os menores de 18 años deberán incluir o nome e apelidos do pai, nai ou titor xunto co seu número de teléfono.

No caso de que nas fotografías aparezan persoas recoñecibles, deberanse incluír os seus datos persoais indicando a súa conformidade para ser fotografiad@s e exhibido@s (segundo modelo). 

  1. O prazo de admisión comezará o 15 de xullo e remata o 15 de setembro do 2017
  2. @ gañador@ darase a coñecer o 22 de setembro do 2017

O premio d@ gañador@ será un cheque regalo por valor de 150€ para canxear en material bibliográfico e de oficina. 

  1. Os dereitos de reprodución dos traballos premiados pasarán a ser propiedade da biblioteca municipal onde sexan presentados. Os traballos premiados e participantes poderán ser expostos ao público, publicados ou difundidos nas bibliotecas participantes e a través dos medios e canles que as bibliotecas estimen oportunos. Sempre baixo criterios de difusión e divulgación cultural e sen ánimo de lucro.

Ademais os traballos serán expostos no blogue das bibliotecas

  1. A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nas bases. A participación neste concurso supón a aceptación das bases.

Direccións de correo electrónico: