Ir o contido principal

Clausura dos obradoiros da Casa da Xuventude

FacebookTwitterShare
Clausura dos obradoiros da Casa da Xuventude

Esta tarde terá lugar a Clausura do presente curso dos Obradoiros Infantís que se veñen realizando durante todo o ano na Ludoteca da Casa da Xuventude.

Estas actividades, organizadas desde a Concellaría de Xuventude e Voluntariado, veñen realizándose nos últimos anos cun grande éxito de asistencia.

O programa foi configurado con actividades lúdicas para ensaiar e perfeccionar as habilidades, coñecementos e actitudes que acompañarán aos nen@s no curso da súa vida.

50 nenos e nenas de entre 4 e 12 anos seguiron desde o mes de outubro os talleres de reciclaxe propostos para acadar os obxectivos seguintes:

  • Promover o desenvolvemento cognitivo, psicomotor, afectivo e social dos nenos/as.
  • Conseguir que os pequenos/as adquiran hábitos saudables e construtivos no seu tempo de lecer
  • Axudar aos cativos/as a desenvolver a súa imaxinación e creatividade mediante o xogo, a lectura e a experimentación.
  • Promover actitudes participativas nas actividades lúdicas e socioculturais.
  • Establecer pautas e bases normativas cívicas e sociais de respecto e interacción nas actividades de grupo.
  • Educar en valores
  • Detectar precozmente condutas inadecuadas como agresividade, illamento, retraso na maduración, marxinación, e desenvolver estratexias para reconducilas e modificalas adecuadamente.

A Clausura terá lugar na Casa da Xuventude ás 19.00, coa entrega dun diploma para os/as participantes e un agasallo, ademais da felicitación polo aproveitamento das actividades.