Ir o contido principal

Ciudad Ciencia e o Concello achegan o coñecemento do universo os centros educativos de Cangas

FacebookTwitterShare
Ciudad Ciencia e o Concello achegan o coñecemento do universo os centros educativos de Cangas

Continuando coas actividades de Ciudad Ciencia que estamos a promover desde o Concello de Cangas, neste caso dirixidas en particular aos centros educativos, desde as Concellarías de Ensino e Deporte e de Desenvolvemento económico e Emprego local temos programadas para o venres 9 de xuño, no Auditorio municipal, dúas conferencias, unha ás 10:30 horas e outra ás 12:00 horas, a cargo de dous científicos do CSICEmilio José García Gómez-Caro e Óscar Huertas Rosales, que van desprazarse desde Granada para falarnos da temática “Pero, ¿por qué é tan difícil ser un extraterrestre?”.

Partindo dun título en primeira instancia tan desconcertante, na súa conferencia van facernos reflexionar acerca de cuestións tales como se hai vida “aí fóra” ou de se “somos uns bechos raros no cosmos ou o Universo está máis poboado que a Gran Vía en hora punta?.. e se é así ¿ónde está todo el mundo?.

O primeiro dos conferenciantes citados, Emilio José García, xa estivera con nós no ano 2014 impartindo unha conferencia tamén dirixida aos centros educativos co título O Universo ¿coñecido?. O éxito que tivo entre o alumnado naquela ocasión levounos a intentar, desde hai xa varios meses, que volvera a Cangas a impartirnos unha nova conferencia sobre algún tema de Astrofísica, ámbito científico do que é un especialista e un consumado divulgador. Nesta ocasión contaremos ademais con outro investigador e tamén divulgador especialista en Bioquímica, Óscar Huertas.

primeira das conferencias, á das 10:30 horas, estará enfocada aos últimos cursos de Primaria (especialmente 6º), podendo incluírse tamén os primeiros cursos da ESO, e a segunda conferencia, a das 12:00 horas, estará dirixida ao alumnado da ESO e Bacharelato.

Ciudad Ciencia é unha iniciativa de divulgación científica de ámbito estatal que promove e organiza o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e a Fundación “La Caixa”, sendo Cangas o único concello de Galicia que foi proposto para participar, xa desde o ano 2013, neste proxecto que procura o achegamento da ciencia e dos/as científicos/as á cidadanía.

 Para ampliar información acerca esta actividade ou sobre outras que se organicen no marco da iniciativa Ciudad Ciencia, poden escribir ao correo casadeoficios@cangas.gal e/ou chamar ao teléfono da Casa de Oficios do Concello 986304650.