Ir o contido principal

CINE CLUB CANGAS PROXECTA: A ILLA DAS MENTIRAS

FacebookTwitterShare
a illa das mentiras

Proxección cinematográfica: A illa das mentiras

6 de novembro ás 20:30 horas.

Ficha técnica:

España, 2020

Dirección: Paula Cons.

Guión: Paula Cons, Luis Marías.

Intérpretes: Nerea Barros, Aitor

Luna, Darío Grandinetti, Victoria

Teijeiro, Ana Oca, María Costas, Milo

Taboada, Celso Bugallo, Machi

Salgado, Leire Berrocal, Javier Tolosa,

Sergio Quintana, Miguel Borines,

Roberto Leal, Ana Santos, Mela Casal.

Fotografía: Aitor Mantxola.

Duración: 93 min.

 

Sinopse:

O vapor Santa Isabel, con 260 emigrantes que se dirixían a Montevideo e Bos Aires, afundiuse fronte á illa de Sálvora. Esa noite non había homes na illa, estaban celebrando o Nadal en terra firme. A única esperanza dos superviventes que loitaban por non iren contra os penedos eran as poucas mulleres, vellos e nenos que quedaran. Tres mozas deciden lanzarse ao mar nunha dorna. Guiándose polo oído, debido á mesta néboa e á escuridade da noite, logran salvar 50 persoas. Todo o que acontece a partir de aí vai cambiar para sempre este lugar. Un xornalista arxentino acode á illa para cubrir a noticia do naufraxio. Aos poucos comproba que esa noite sucederon demasiadas “casualidades” na illa. Son moitas as incógnitas que hai que resolver e á illa resultaralle imposíbel seguir a ser unha illa.