Ir o contido principal

Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo (Citeamor)

FacebookTwitterShare
Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo (Citeamor)

O Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo, Citeamor, comezará o vindeiro 3 de abril co pregón de Adrián Ríos, un dos actores que forma parte do elenco de ‘Fariña’.

Será o Auditorio municipal o que albergue todos os espectáculos, que se desenvolverán os martes. As entradas poderanse adquirir na billeteira desa dependencia municipal e contarán cun custe de 3 euros.

Desde a Asociación Cultural A Cepa e a Asociación Cultural Entre Bambalinas, entes organizadoras, informan que nesta novena edición participan 14 grupos, sendo 12 da comarca do Morrazo, o que se traduce en 180 actores e actrices.

Unha das novidades é que Avelaíña Teatro non poderá representar ‘A ópera  de a patacón’ tal e como estaba programado desde un principio, pero espérase contar con esta agrupación nunha ocasión futura.

Nesta edición vólvense ofertar dous cursos de formación. Un de expresión corporal de Maite Campos para o que xa están todas as prazas cubertas; e outro de iluminación, impartido por Salvador del Río.

Asemade, darase a coñecer a toda a poboación o Fondo Teatral María Casares da Biblioteca Central da Cangas, un dos máis importantes de toda Galicia. Este fondo conta con arredor dun millar de volumes e revistas e constitúe un depósito especializado en teatro.

O concelleiro de Cultura e Normalización Lingüística, Héitor Mera Herbello, fala do Citeamor coma un “proxecto cultural, ambicioso, interesante e de futuro. Non hai que esquecer a grande importancia da xuventude, pois nel xúntanse persoas maiores e xente moza, o que contribúe a crear canteira. Sen dúbida, Cangas ten unha grande tradición arredor do teatro e o noso obxectivo é consolidar este feito”.

Será o 12 de xuño cando se de final á programación, a continuación móstranse todas as actividades.