Ir o contido principal
O espectáculo teatral terá lugar o próximo sábado 11 de marzo, no Auditorio Municipal de Cangas.

CHÉVERE TRAE A CANGAS N.E.V.E.R.M.O.R.E., UN ACERCAMENTO TEATRAL Á CATÁSTROFE DO PRESTIGE.

FacebookTwitterShare
Chevere

N.E.V.E.R.M.O.R.E. A Caixa negra do prestige, o novo espectáculo da compañía teatral Chévere, chega ao Auditorio Municipal de Cangas Xosé Manuel Pazos Varela o próxima sábado 11 de marzo ás 20 horas cun prezo de 8 euros, como parte dunha xira que comezou en setembro de 2021 no Centro Dramático Nacional de Madrid e levou o espectáculo a máis de 30 teatros noutras tantas localidades de Galicia e España.

As entradas poden mercarse a través de ATaquilla no seguinte enlace: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/gl/teatro/auditorio-municipal-de-cangas/15203--chevere-presenta-nevermore-a-caixa-negra-do-prestige.html?fbclid=IwAR2Mk3rdTkMlWU9i_HiWILh5ppBvp-iX8foQrehGRdJqDUSQdaR7Q5AWRck ou o propio día dúas horas antes na taquilla do auditorio.

Dende xaneiro de 2023 está en xira unha versión adaptada de N.E.V.E.R.M.O.R.E. adaptada a espazos que non dispoñen de tremoia, que prescinde dos elementos da escenografía que van colgados e dos movementos das varas, e que se poderá ver en Cangas.

 

N.E.V.E.R.M.O.R.E. é unha forma de acudir á memoria colectiva dun deses pobos que se poden borrar do mapa sen que pase nada. Un pobo que, así e todo, en decembro de 2002 fixo seu o berro do corvo e non se deixou convencer polas mentiras daqueles que aseguraban que non pasaba nada, que todo seguían sendo coma antes. Contar esta historia é tamén un conxuro para desfacer o feitizo que sigue rodeando a catástrofe do Prestige, convertida nunha metáfora estrañamente perfecta desa cultura do petróleo que nos impide ver que hai máis alá da catástrofe, coma se non puidésemos habitar outro lugar que non sexa ese. Coma se no fose posible encontrar un rinoceronte gris dentro dunha caixa negra.

Autor: Chévere
Dirección: Xron
Elenco artístico:
Patricia de Lorenzo
Miguel de Lira
Mónica García
Arantza Villar
Borja Fernández
Tone Martínez