Certame Concello de Cangas de carteis das Festas do Cristo 2017

BASES
- O obxecto deste certame é seleccionar o cartel para empregar na promoción das Festas do Cristo 2017, que organiza o Concello de Cangas. Neste certame poderán participar tódalas persoas físicas ou xurídicas, e poderán presentar, cada unha delas, cantas obras desexen, coa condición indispensable de que sexan orixinais, inéditas e non premiadas nin publicadas.
- Os orixinais serán de tamaño DIN A-3, en branco e negro ou cor. No caso de se presentaren deseños realizados en ordenador, xuntarase un CD co arquivo do cartel en formato TYF ou JPG.
- Os orixinais que se presenten, deberán incluír necesariamente os seguintes textos:
- FESTAS DO CRISTO 2017
- DO 25 DE AGOSTO AO 2 DE SETEMBRO
- CONCELLO DE CANGAS
- O prazo de entrega dos traballos rematará o día 16 de XUÑO do 2017. Deberán remitirse á CERTAME DE CARTEIS DAS FESTAS DO CRISTO, CASA DA XUVENTUDE - Rúa Real 29 - 36940 CANGAS. No reverso do cartel deberá levar unha lenda que servirá así mesmo para identificar o sobre pechado e os datos persoais do autor/a, co seu enderezo , teléfono, e fotocopia do DNI, que debe acompañar o cartel. No caso de envíalos por correo, o Concello de Cangas non se fai responsable de posibles danos, nin extravíos, como tampouco da súa devolución.
Os traballos non premiados deberán recollerse na Casa da Xuventude no prazo de 30 días naturais, contados dende a finalización da Exposición dos traballos presentados. Os que non se recollan neste prazo pasarán a ser propiedade do Concello de Cangas. Os gastos de envío e devolución correrán por conta dos concursantes.
Os participantes asumen a responsabilidade derivada de plaxio ou de calquera outra transgresión da lexislación vixente sobre dereitos de autor na que poidan incorrer os traballos que presenten.
- Establécese un único premio de 400 € como gañador absoluto. O premio estará sometido á normativa fiscal que proceda aplicar.
- O xurado estará formado por diversas persoas cualificadas para exercer esta función en número impar e presidido polo Concelleiro de Cultura e Normalización Lingüística ou persoa en quen delegue. No caso de estimalo oportuno o xurado poderá declarar deserto ou compartido o premio, así como outorgar mencións especiais.
O fallo do xurado, que é inapelable, darase a coñecer o día 10 de xullo a través dos medios de comunicación e do taboleiro de anuncios do Concello de Cangas.
- O cartel gañador será o anunciador das Festas do Cristo 2017 en Cangas, e pasará a ser propiedade do concello de Cangas, xunto co resto de carteis premiados con accésit, que posuirá, entre outros, os dereitos de reprodución, difusión e transmisión.
- O Concello de Cangas resérvase o dereito de organizar exposicións públicas con tódolos carteis presentados ó Certame, en local e datas que se determinarán.
- O xurado do certame terá competencias para resolver as dúbidas ou calquera circunstancia non prevista nas presentes bases.
- A participación neste certame supón a aceptación de todas e cada unha das súas bases.
- Log in to post comments