Ir o contido principal

Campamento Enredos de Verán

FacebookTwitterShare
Campamento Enredos de Verán

As Concellarías de Xuventude e Voluntariado, Ensino e Deportes e Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade deciden ampliar o prazo de inscrición para as familias con menores que teñan unha discapacidade superior ao 33% e non precisen de axuda dunha terceira persoa.

Esta mañá o grupo de traballo destas tres Concellarías tivo unha xuntanza de organización do campamento Enredos de Verán.

“Queremos aclarar que nunca existiu problema algún para participar neste campamento e que as condicións que se empregan son as mesmas dos últimos anos e iguais ás da Xunta. Todos aqueles menores con discapacidade poden participar en igualdade de condicións, salvo os casos nos que o seu certificado de discapacidade recolla a necesidade de axuda dunha terceira persoa. Para estes casos existe a posibilidade ofertada pola Xunta de campamentos de verán para persoas con discapacidade”.

Como a idea é que poidan participar cantos máis nenos e nenas mellor, decidiuse ampliar o prazo, unicamente, para as familias con menores cunha discapacidade superior ao 33% e que non precisen da axuda dunha terceira persoa, durante unha semana máis, ata o venres 19 de maio. Queremos facer isto para evitar que por un mal entendido algunha familia non presentara a solicitude no prazo inicial, brindándolles unha nova oportunidade.

Na vindeira semana publicarase no taboleiro de anuncios da Casa da Xuventude e na páxina web do Concello a listaxe dos/das menores participantes, para que todas as familias revisen e comproben que os seus fillos/as están anotados/as e darlle un prazo de 5 días hábiles, desde o día seguinte da publicación, para corrixir posibles erros.

As Concellerías non teñen constancia de queixas de familias que participaron o ano pasado, o feito é claro, xa que a fin de rematar o reconto de inscricións non se observa unha redución, senón que posiblemente aumento de solicitudes para este ano.

Aclarar que o prezo pola actividade mantense desde os últimos anos, incluso sendo máis barato que o prezo que se pagaba na anterior lexislatura polos campamentos deportivos, e o cambio realizado foi agrupar todos os campamentos das diferentes concellerías nun só.