Ir o contido principal

As bibliotecas de Cangas xa forman parte da Rede de Bibliotecas de Galicia

FacebookTwitterShare
 As bibliotecas de Cangas xa forman parte da Rede de Bibliotecas de Galicia

As Bibliotecas Municipais do Concello xa forman parte da Rede de Bibliotecas de Galicia, un servizo da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que que ten como finalidade o fomento da lectura e a mellora de todos os servizos e as coleccións literarias que se ofrecen á veciñanza.

Entre todos os beneficios que contrae este proxecto, pódense destacar:

  • A creación dun carné único e permanente, válido para todas as bibliotecas adscritas a este sistema.
  • A posibilidade de coller libros en todos os centros que forman parte do proxecto. Como máximo pódense coller 10 (5 na mesma biblioteca).
  • O prazo de préstamo de libros ascende ata os 21 días, o dos audiovisuais sitúase nos 7 días.

Polo de momento hai arredor de 70 centros inscritos nesta rede, pero espérase que dentro de ano e medio todas as bibliotecas da Comunidade Autónoma xa estean incluídas, o que permitirá que os socios poidan ter acceso aos libros de todas elas.

Para máis información: http://rbgalicia.xunta.gal/gl