BITaminadas CURSO DE COMPETENCIAS DIXITAIS

OBRADOIROS BITAMINADAS
O Concello de Cangas a través das Concellerías de Servizos sociais, Igualdade e a de Xuventude e Voluntariado, ten previsto realizar nos meses de decembro e xaneiro, en colaboración coa Fundación Esplai, un proxecto para promover que as nenas e adolescentes tamén elixan vocacións relacionadas coa Ciencia e a Tecnoloxía.
Este programa de capacitación inclúe formación intensiva no ámbito da programación , a resolución de problemas a través da Intelixencia Artificial e a Nube e capacitación sobre ODS e os retos da Axenda 2030. Non son necesarios coñecementos previos en programación.
A formación ten un total de 35 horas divididas en 5 módulos:
Introdución á programación básica con Python
Intelixencia artificial e aprendizaxe autónomo
ODS, Axenda 2030 e aplicacións éticas da IA
Creación dun espazo web interactivo
Competencias transversais, desenvolvemento do proxecto grupal e implementación.
As prazas son limitadas polo que as prazas destinaranse en función da orde de inscrición na Casa da Xuventude 986392171 xuventude@cangas.gal. Débese entregar o consentimento expreso das familias xa que está dirixido a mozas de 12 a 17 anos.
- Log in to post comments