Ir o contido principal
BIBLIOTECA DE DARBO. Mércores 15 de maio ás 18:00h.

Menú máxico de contos. Cris de Caldas

FacebookTwitterShare
Menú máxico de contos

De entrante, unhas adiviñas e roliños de poesía con salsa agridoce que dan alegría. Un segundo prato para escoller, entre conto tradicional cunha bruxa descomunal ou un conto diversamente necesario e contado a baixa temperatura. Remataremos cunha sobremesa de lingua chocolatada de pop-up.
Con esta proposta de menú, cada quen pode xantar aquilo que máis lle preste.
Isto é a maxia do contos contados!