Ir o contido principal

XXXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

FacebookTwitterShare
XXXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

Comeza unha das mellores citas de teatro do ano, a XXXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. E coincidindo co 15º aniversario de Excéntricas, imos ter unha gran representación na Mostra.

Francisco Cadaval Quico Cadaval será o encargado de abrir a Mostra co pregón inaugural o venres 28 de xuño ás 22:30 horas no Auditorio Municipal.

O domingo 30, mesma hora, mesmo lugar, chegará Carpe Diem de Rubem Fonseca, con Maria Costas, Marcos Viéitez, Víctor Mosqueira e a música en directo de Ramon Orencio alias Mr. Cool. En Cangas rematará a primeira parte da xira de Carpe Diem que voltará aos escenarios galegos, e portugueses no outono.

E o martes 2 de xullo, haberá tripla representación...
ás 12:30 horas na Capela do Hospital, coloquio ca equipa artística de Carpe Diem en colaboración coa Revista Galega de Teatro. Ás 20:30 horas, estrea da versión de rúa de Cartoóns na Alameda Vella, conJosito Porto e Víctor Mosqueira. E remataremos este grande día con Vacas, Guerras, Porcos e Cregos de Cadaval no Auditorio (22:30h).

Mais na XXXVI Mostra hai moito máis teatro e moitas máis actividades que fan de Cangas a capital do teatro. Podes ver o seu fantástico programa na sua web.

Graciñas mil a María Armesto e á toda a marabillosa equipa da Mostra por invitarnos a celebrar o 15º aniversario de Excéntricas en Cangas.