Ir o contido principal

Xornadas de portas abertas nos colexios para favorecer o ensino público

FacebookTwitterShare
Xornadas de portas abertas nos colexios para favorecer o ensino público

A Concellaría de Ensino xunto aos centros de educación infantil e primaria do Concello de Cangas comezan unha campaña a prol do ensino público para que a veciñanza de Cangas se anime e coñeza os colexios máis próximos aos seus domicilios. Algo que se pode conseguir de primeira man participando nas xornadas de portas abertas que terán lugar o martes 27 de febreiro e o 6 de marzo nos CEIPs A Rúa, Castrillón, Nazaret, Espiñeira-Aldán, O Hío e San Roque de Darbo. Con estas visitas quérese trasladar que no servizo público os nenos e nenas poden medrar día a día dun xeito integrador, participativo e democrático, ao mesmo tempo que agradable. Polo tanto, a persoa que elixe escola pública, escolle:

  • Educación personalizada.
  • Aulas de educación especial e profesorado de apoio.
  • Equipos psicopedagóxicos.
  • Orientación escolar para o alumnado.
  • Transporte.
  • Instalacións deportivas.
  • Bibliotecas e laboratorios.
  • Recintos escolares amplos.
  • Profesorado especializado.
  • Actividades extraescolares.
  • Comedores escolares.
  • Unha escola sen discriminación, con igualdade de oportunidades.

Unhas características que se obteñen de forma gratuíta. A matrícula poderase realizar entre o 1 e o 20 de marzo na seguinte rede de centros:

  • CEIP A Rúa
  • CEIP Castrillón- Coiro
  • CEIP Nazaret Cangas
  • CEIP San Roque Darbo
  • CEIP O Hío
  • CEIP Espiñeira Aldán
  • IES Monte Carrasco
  • IES María Soliño
  • IES Rodeira