Ir o contido principal
EXPOSICIÓN " FOTOMAT 2019 " Cangas ( Fotografía Matemática) Calendario.- De 1 abril a 9 maio 2019 – Planta baixa Auditorio Municipal Selección de 50 fotos de distintos Centros educativos de Cangas

Xornadas da Ciencia - Cangas, Abril 2019 Auditorio Municipal de Cangas

FacebookTwitterShare
Xornadas da Ciencia - Cangas, abril 2019

CARTEIS PREMIADOS XORNADAS DA CIENCIA 2019

 

Exposición "ENTRE MOLÉCULAS. ANO INTERNACIONA DA QUÍMICA 2011. C.S.I.C."

Ficha Técnica.- 22 paneis – Visión amena, divulgativa e didáctica da Química.

-Visión xeral da Química e o seu papel central na Ciencia

-Repaso breve das principais aportacións realizadas ao longo da historia

-Relación cos grandes campos como medio ambiente, saúde, enerxía e alimentación.

Calendario.- De 1 a 25 abril 2019 – Auditorio Municipal -

A Expo conta con unidades didácticas que se poiden descargar da web www.quimica2011.es

 

MICRO-RELATOS DE CIENCIA

Exposición de traballos e presentacións arredor do mundo da ciencia nos Centros

 

EXPOSICIÓN TRABALLOS E PROXECTOS DE CIENCIA DE CENTROS EDUCATIVOS

Temática.- Programación e Robótica, Electricidade e Magnetismo, Natureza, Mineraloxía, Fractais, Informática, Impresión 3D, Motor, Efectos ópticos, Enxeño, Movemento de Corpos, Motor, Electrónica, Líquidos e Gases

Actividade nos Centros.- Talleres de Ciencia, Diálogos Científicos en Galego, Proxección de Documentais, MicroCiencia. Exposición de Alumnado sobre Experimentos e Proxectos do Alumnado, A Ciencia na Rúa

Centros educativos con participación na Exposición de Traballos:

- Casa de la Virgen

- Compañía de María

- Eduardo Pondal

- Federación de Anpas

- IES Rodeira

- Sagrada Familia

 

ARREDOR DO DÍA – 14 marzo - Documentais. Kanguro matemático. Programación de actividades de cada centro educativo arredor do mundo da Matemática

 

EDICIÓN DE LÁMINA "150 ANOS DE TÁBOA PERIÓDICA"

 

Programa de Actos

 

* MAXIA VS CIENCIA – Mago Paco – Sesión dirixida ao Alumnado 3º - 6º E. Primaria

( As cores, as matemáticas, o son, a astronomía, Efectos ópticos e 3D,..)

Calendario e Centros Educativos

Luns 25 marzo

Martes 26 marzo

Mércores 27 m

Xoves 28 marzo

Venres 29 marzo

Ceip Espiñeira

Sagrada Familia

Ceip Nazaret

Compañia de María

Ceip Castrillón

Luns 1 abril

Martes 2 abril

Mércores 3 abril

Xoves 4 abril

Venres 5 abril

Casa de la Virgen

Ceip San Roque

Eduardo Pondal

Ceip O Hío

Ceip A Rúa

 

* Martes 2 abril 2019 – Auditorio Municipal - De 10 a 13 h

Proxección da película "FIGURAS OCULTAS" - Dirección Theodore Melfi – 127 min

Baseada no libro do mesmo nome de Margot Lee Shetterly, narra a historia da matemática afroamericana que calculou as traxectorias dos voos do proxecto Mercury e do Apolo XI.

Dirixida ao alumnado de 1º e 2º ESO. Presentación.- Eduardo Suárez Ruibal ( Fed Anpas )

 

* Libro Forum – Cómic "Vivir en el suelo" - Abril 2019

Cómic conmemorativo da Década Internacional dos Solos (2015-2024). Elaborado pola Sociedade Española de Ciencia do Solo e C.S.I.C.

Seres vivos que habitan no solo. Erosión, contaminación, explotación do solo,...

Distribución itinerante da obra ( 175 exemplares ) polos distintos Centros

 

* Xoves 25 abril 2019 – Auditorio Municipal - 11 h

Charla sobre "Superalimentos" - Dra JARA PÉREZ JÍMENEZ

Investigadora do Instituto de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e Nutrición ICTAN (C.S.I.C.)

Dirixida a Bacharelato e 3º - 4º ESO

 

Nos últimos tempos tense xeralizado o concepto de “superalimento” como alimentos xeralmente exóticos, con propiedades case milagreiras, do que o seu consumo aillado serviría para previr, ou incruso sanar, certas enfermidades. Nesta charla, depois de indicar como desenvolvemos as investigacións en nutrición para poder afirmar as propiedades dun alimento, abordaranse algúns exemplos de superalimentos, tentando de responder a algunhas preguntas. Ao remate daranse algunhas recomendacións prácticas, incluíndo un decálogo para identificar falsidades sobre superalimentos.

 


* Venres 26 abril 2019 – Auditorio Municipal – 11 h -

Conferencia.- "Sería posible a vida nun planeta sen solo?"

MONTSERRAT DÍAZ RAVIÑA – Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, CSIC

Dirixida ao Alumnado de 5º e 6º E. Primaria

 

Comisión organizadora.- CITEM Cangas (Profesorado de Ciencia, Matemáticas e Tecnoloxía dos Centros Educativos de Cangas, Fed Anpas e Concellaría de Ensino e Deporte)

Colaboran.- Centros Educativos, "Ciudad Ciencia"- C.S.I.C.-FECYT-, Auditorio Municipal,

 

Portada do programa de man.- Cartel de Valeria Chapela Guimeráns (3º ESO C) Sagrada Familia –

Alumna gañadora Concurso Carteis "Xornadas de Ciencia" 2019 – Categoría B -ESO