Ir o contido principal

Visita do CEIP San Roque

FacebookTwitterShare
Visita do CEIP San Roque

O alumnado de primeiro curso do CEIP San Roque acudiu esta mañá ao Concello para asistir a unha charla informativa e a unha visita guiada da man do corpo da Policía Local do municipio. Unha actividade destinada a aumentar os coñecementos dos rapaces e rapazas sobre os aspectos relacionados coas ocupacións dos e das axentes, así como con todo o relacionado coa seguridade: que facer en caso de emerxencia, como se debe actuar, a que números de teléfono se pode chamar, etc.

Os escolares puideron observar as ferramentas de traballo do corpo encargado da orde pública:  o uniforme, os vehículos que empregan…; e visitar as dependencias municipais: tanto as internas do Concello como as do Corpo de Bombeiros e as de Protección Civil.

Os nenos e nenas tamén foron recibidos polo Alcalde, Xosé Manuel Pazos Varela, que estivo contestando a todas as preguntas formuladas polos mesmos.