Ir o contido principal

Visita do CEIP Nazaret

FacebookTwitterShare
 Visita do CEIP Nazaret

Parte do alumnado do CEIP Nazaret visitou no día de hoxe as instalacións do Concello, onde os recibiron o Alcalde, Xosé Manuel Pazos Varela, e a concelleira de Obras e Servizos, Mercedes Giráldez Santos.

Unha visita na que os nenos e nenas explicaron que realizaron un traballo sobre María Soliña e o desembarco pirata, algo que os axudou a ampliar os coñecementos sobre unha etapa moi importante da historia de Cangas. Agora van comezar a estudar as rúas da vila, a Cangas mariñeira, o Concello… Por iso, quixeron facer algunhas preguntas sobre o funcionamento do mesmo, das atribucións dun alcalde, dos concelleiros, etc. “O alcalde é unha persoa que a veciñanza de Cangas vota e escolle para gobernar, que non é o mesmo que mandar”, esta foi unha das explicacións de Pazos.

No acto fíxose referencia ás obras que se están levando a cabo en Nazaret, onde se ampliará o espazo das beirarrúas. Giráldez anticipoulles que se realizarán melloras na súa escola, xa que se vai arranxar o depósito da calefacción.

Ao final da visita, o alumnado cantou dúas cancións (‘María Soliña’ e ‘O Rodaballo’) e visitaron a Alcaldía.